Cargando Eventos

Xogos e aprendizaxe

Protagonista: Concello de Sober
 O IV Campamento de Verán ‘Coñece o teu concello’ de Sober abre o seu prazo de inscrición. As actividades teñen un carácter lúdico e educativo para nenos e nenas. Comeza o 1 de xullo e remata o 30 de xullo. O horario será de 10:30 a 13:30 h. os martes, mércores e xoves.
 Este campamento ‘levarase a cabo sempre que as autoridades competentes o permitan, adaptándonos ás novas medidas de seguridade e hixiene e seguindo os protocolos necesarios para crear un entorno totalmente seguro’.
As solicitudes poden facerse por correo electrónico ata o 29 de xuño.

1 Xullo, 2020 - 30 Xullo, 2020

10:30 a.m. a 1:30 p.m.

Sober

Praza do Concello s/n
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map