Cargando Eventos

Campamento informático para nenas/os

En Carballedo continúan preparando unhas vacacións ben activas e formativas. Ademais doutras propostas da axenda, lanzan o campamento da aula CEMIT, que inclúe o paquete educativo GCompris e robótica para rapaces e rapazas. Desenvolverase no mes de xullo e para inscribirse é preciso contactar con Silvia, na aula TIC do Concello ou a través do número de teléfono 982 466 201.

 

1 Xullo, 2019 - 31 Xullo, 2019

Carballedo

Plaza V.Portomeñe, 0
A Barrela, Lugo 27520 Spain
+ Google Map