Cargando Eventos

Campionato galego de Piragüismo en Ponte Mourulle

O campionato galego de Piragüismo regresa ás augas do Miño en Ponte Mourulle, Taboada. As categorías xuvenil, senior e veteráns competirán o domingo  21 de abril na modalidade de 5000 m.  K4/C4. O Concello de Taboada colabora coa organización a cargo da Federación Galega de Piragüismo e o Club Cidade de Lugo. Trátase dun evento que se ven repetindo nos últimos anos nas augas do encoro e que é un atractivo tanto para os deportistas como para todas aquelas persoas que gocen de ver esta competición fluvial.

21 Abril, 2019

9:30 a.m. - 3:00 p.m.

Taboada

Pontemourulle
Taboada, Lugo Spain
+ Google Map