Cargando Eventos

Carreira Popular 10Km no Corazón

O Club Atletismo Chantada e mailo Concello de Chantada presentaron a nova edición da carreira popular pola capital do Asma. Terá lugar o sábado 11 de maio a partir das 17:00 h. As inscricións poden facerse xa a través da web  https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1759/x-carreira-popular-de-chantada e de xeito presencial nos establecementos Capitol Café de Chantada e Electrodomésticos Lage. A coñecida como Praza do Cantón servirá como saída e meta para as distintas probas que inclúen as infantís e ‘Carreira pola Integración’ e a absoluta e adaptada. Unha ruta de running polo paseo fluvial e o casco antigo de Chantada son parte do argumentario para acudir a esta consolidada cita de referencia que desta volta será solidaria en beneficio de ASFEGA a “Asociación Fenilcetonúrica e OTM de Galicia” e nela colaborará o ultrafondista chantadino Fernado Ibarra co reto solidario de correr sobre a cinta. Actuarán formacións musicais do municipio con xogos e obradoiros. A festa final achegará sorpresas ao ter lugar o X aniversario desta cita deportiva. Forma parte do circuito Miño- Ulla de Carreiras populares apoiada polo GDR.

11 Maio, 2019

5:00 p.m. - 8:00 p.m.

Chantada

Praza do Mercado s/n
Chantada, Lugo 27500 Spain
+ Google Map