Cargando Eventos

Carreira popular entre pazos e carballos

A Carreira Popular de Taboada chega este setembro á súa sétima edición.  O crecemento da afección polo atletismo e a preocupación por ter unha vida chea de prácticas saudables levou a un grupo de amantes do running e activistas culturais do municipio a organizar, dende a asociación O Carballo, esta proba deportiva.

Na liña das carreiras populares integra a atletas de todas as idades e tamén de todos os niveis. Desta volta celebrarase o día 22 de setembro e o seu percorrido na categoría absoluta transcorrerá, coma sempre, entre lugares de gran beleza e interese coma os pazos e carballos que se espallan polo municipio.

Inmersa no circuíto Miño Ulla de carreiras populares a proba principal dará saída ás 17.45 h. dende a Praza de Riazón, no centro da vila de Taboada, e despois de percorrer 7.400 metros, os participantes chegarán á meta emprazada neste mesmo punto. Ás 18.45 h. será cando comecen as carreiras das categorías escolares, no mesmo punto de saída e meta. Concederanse premios en diversas categorías e tamén haberá clasificación familiar ou premio ao equipo máis numeroso, así como carreira de “correpasillos”. Ao remate haberá unha degustación de produtos da zona para os participantes.

Para máis información e inscricións www.championchipnorte.com ou a través do correo electrónico ac.ocarballo@gmail.com

22 Setembro, 2018

5:00 p.m. - 8:00 p.m.

Taboada

Taboada
Lugo, Spain
+ Google Map