Cargando Eventos

XXXVII Feira do Viño de Chantada

A Feira do Viño de Chantada vaise achegando e así o sinala o seu cartaz.  Unha obra do pintor lugués afincado en Chantada Juan José Lomarti. A feira celebrarase os días 8, 9 e 10 de marzo. Nela participarán nada menos ca 16 adegas da subzona de Chantada da D.O. Ribeira Sacra. Na ampla programación haberá música a pé de rúa, cata oficial para valorar os viños desta e doutras añadas, cata popular, verbenas, xogos para o público infantil, feira de oportunidades do comercio local e mostra de artesanía e tamén poxa do gando frisón.

Este ano o encargado de ler o pregón na xornada do domingo será o ilustre chantadino José Manuel ( Cuqui) Silva.

A programación ao completo neste enlace:

http://www.concellodechantada.org/nova_feiravinho_19.htm

 

8 Marzo, 2019 - 10 Marzo, 2019

Chantada

Chantada, Lugo 27500 Spain
+ Google Map