Cata de augardentes
O ciclo ‘Os 5 elementos’ chega este xoves, 6 de agosto, á Ribeira Sacra. En concreto ao lugar de Pincelo, en Chantada. A sesión incluirá unha cata comentada de destilados galegos que se combinará con música orixinal de Rebeca Ponte e con dúas pezas de danza. Forma parte do Sacra Experiencie. A degustación estará coordinada pola enóloga Sonia Otero. Esta cata musicalizada, dedicada ao elemento éter levará aos /ás asistentes a un percorrido polos sentidos e sensacións.
Co fin de cumplir coas medidas sanitarias as prazas son moi limitadas, ademais de desenvolverse ao aire libre. As entradas están xa reservadas.