Cargando Eventos

Catas de aceite de oliva

A Ribeira Sacra é unha zona onde tradicionalmente se ten producido aceite de oliva propio. En zonas como a de Quiroga mantívose unha pequena actividade historicamente, unha producción que agora comeza a amosar novas e pequenas iniciativas noutros municipios. A aposta ola diversificación de produtos agrarios e pola economía rural que fai o Grupo de Desenvolevmento Rural Ribeira Sacra Courel, achega esta semana dúas accións que pretenden fomentar o coñecemento sobre o ouro líquido. Así, os días 24 e 25 de outubro celebraranse catas nas capitalidades de Quiroga e de Pantón respectivamente. Aínda quedan algunhas prazas para participar e hai que inscribirse a través do enderezo electrónico info@ribeirasacracourel.es. A actividade recibe o nome de Oleicioso e será ás 6 da tarde en ambas localidades, o primeiro día en Quiroga e o segundo en Pantón. O obxectivo é a iniciación á detección de defectos nos aceites virxes e tamén se levará a cabo unha degustación de produtos elaborados con estes ingredientes.

 

23 Outubro, 2019

8:00 a.m. - 5:00 p.m.

Pantón

Pantón Lugo Spain
+ Google Map