Cargando Eventos

‘Catas riquiñas’ on line con @Xantar

Protagonistas: Expourense ; Expourense

Dende o salón Xantar Ourense veñen de lanzar unha actividade para as fins de semana de confinamento. Propoñen os venres de viños con produtos das D.O. galegas. Trátase dunha acción á que chamaron “catas riquiñas” e que estará guida pola experta en catas Mercedes González Rodríguez. Comezarase este venres 15 de maio ás 19.00h. co ciclo da D. O. Ribeira Sacra. Doutra banda, esta cata on line pretende apoiar a candidatura deste territorio para ser declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
Para participar e seguir esta cita gratuíta a través de zoom, é preciso inscribirse e posteriormente o que hai é que descorchar unha botella de viño da D.O. Ribeira Sacra. Na inscrición pódese indicar a marca para que a condutora da cata o teña en conta á hora de facilitar matices no proceso de encontro co viño. O Consello Regulador de Ribeira Sacra colabora con esta actividade e suxire completar o encontro cunha tapa de polbo con queixo galego.

Despois da inscrición, as persoas que se anoten recibirán un mail de confirmación con información para unirse ao seminario web. Tamén se pode seguir a través de Facebook Live a través da páxina de @Xantar.

Inscrición en Zoom: inscrición

 

15 Maio, 2020

7:00 p.m. - 8:00 p.m.

Ribeira Sacra

Spain
+ Google Map