Cargando Eventos

Cea e contos pola igualdade no 8M

Na Pobra do Brollón celebran o Día Internacional da Muller cunha cea no restaurante O Fogón. Será ás 21.00h. o propio día 8 de marzo. Pero o luns continúan as accións arredor desta conmemoración con actividades de sensibilización en prol da igualdade. Será a través dos contos coa actividade ‘A Trastenda dos Contos’ a cargo de Caxoto Contacontos que terá lugar o luns día 11 de marzo.

A primeira cita será ás 10.00h con Contos vellos para o público infantil e ás 11.30 desenvolverase unha actividade para todos os públicos, que leva por nome, Diagnosticando a igualdade. A xornada desenvolverase na Casa da Cultura Olga Novo.

8 Marzo, 2019 - 11 Marzo, 2019

9:30 p.m. a 1:00 p.m.

Pobra do Brollón

Rúa Samoeiro
Pobra do Brollón, Lugo 27330 Spain
+ Google Map