Cargando Eventos

Chantada en Festas e de Folión

Dende o xoves, 22 de agosto, deica o famoso ‘martes da empanada’, desta volta o 27 de agosto Chantada vive os seus días grandes con todo o que traen consigo as Festas Patronais en honra á Virxe do Carme. A programación integra pasacalles diarios e verbenas con iniciativas para os máis pequenos, pero tamén clásicos da iniciativa veciñal e cultural como é o Folión de Carros, as Olimpíadas Rurais ou o descenso de carrilanas. Non faltarán as sesións de fogos artificiais e a Festa da Empanada no Castro de San Amaro. As tardes comezarán a estar ben animadas xa dende o xoves, pero o venres xa haberá un festival de música en directo con grupos de pop-rock e incluso estará presente o ‘cumbiatune’:

Programa: http://concellodechantada.org/nova_festas_19.htm

Cartel Creativo: obra de Jon González

 

22 Agosto, 2019 - 27 Agosto, 2019

Chantada

Chantada, Lugo Spain
+ Google Map