Cargando Eventos

Charla sobre a avespa velutina

Protagonista: Concello de Pantón

Este xoves, 7 de novembro, o Concello de Pantón ofrece unha charla informativa sobre a avespa velutina. Trátase dun enfoque sobre ambiente e saúde, unha conferencia na que as veciñas e os veciños poderán resolver dúbidas e que terá lugar ás 19.30 h. centrándose principalmente na distinción de exemplares e niños e na elaboración de trampas e métodos de trampeo. O encargado de impartir esta sesión é Lolo Andrade.

7 Novembro, 2019

7:30 p.m. - 8:30 p.m.

Pantón

Praza do Concello s/n
Ferreira, Lugo 27430 Spain
+ Google Map