Cargando Eventos

Charla sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

Protagonista: Ateneo Casino Lemos

O venres 23 ás 20:00 h. o Ateneo Casino organiza unha charla sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da UNESCO.  Mario Crecente, coordinador da candidatura, falará do seu papel e das súas impresións, dende unha perspectiva persoal, sobre os antecedentes e evolución  conceptual da candidatura de Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Humanidade, da importancia do proceso e dos logros acadados ata o momento. 

Mario Crecente é doutor arquitecto pola Universidade da Coruña e docente en  diversos másters. Desenvolveu o seu labor tanto na administración pública  como no ámbito privado. No ano 2000 creou Crecente Asociados, a partir da experiencia en administración nos campos de Patrimonio, Urbanismo e  Turismo. 

A charla inicia unha serie de eventos entorno á Ribeira Sacra que se programarán ao longo do ano no Ateneo Casino xa que, en palabras da súa presidenta, María Loreto G. Cabanas, “estamos nun momento determinante para o futuro do territorio onde vivimos e desenvolvemos a nosa  actividade”. 

Durante a charla servirase unha selección de viños comentados de castas  autóctonas da Ribeira Sacra, a cargo da Adega Algueira. 

A asistencia á charla é gratuíta, previa reserva, xa que as prazas son limitadas para cumprir coas medidas sanitarias. As reservas fanse no teléfono 648 435  033, preferiblemente por WhatsApp.  

 

 

23 Abril, 2021

8:00 a.m. - 9:00 p.m.

Monforte de Lemos

Avenida de Galicia
Monforte de Lemos, Lugo 27400 Spain
+ Google Map