Cargando Eventos

Charlas sobre arqueoloxía ‘Mollando a palabra’

Protagonista: Adegas da Memoria

O luns 6 de maio arranca o ciclo de Vilacharlas ‘Mollando a palabra’. Trátase dunha serie de conferencias impartidas por algúns dos arqueólogos que van acometer o proxecto de excavación na zona dos Conventos na parroquia de Vilachá de Salvadur, na Pobra do Brollón. Trátase dunha actividade no marco de Adegas da Memoria que se repartirá en distintos espazos do municipio. O acceso é de balde:
-Luns, 6 de maio/20.00h./ bar Avenida: ‘Arqueólogos que levitan’ por Juan Pablo López
-Mércores, 8 de maio/19.00h/ Adega Val do Frade: ‘Arqueólogos que están en Babia’ por David González Álvarez
-Xoves, 9 de maio/ 19.00h./ Adega do Luis: Arqueólogos nas trincheiras por Josu Santamarina.
-Martes, 14 de maio / 19.00h./ Adega Lamela: Arqueólogos no cinturón rojo de Madrid’ por Rodri Paulos.
-Xoves 16 de maio / 20.00h./ Adega Couso: ‘Arqueólogos en Somaliland por Muros

6 Maio - 16 Maio

8:00 p.m. a 9:00 p.m.

A Pobra do Brollón, Lugo 27330 Spain
+ Google Map