Cargando Eventos

Charlas, arqueoloxía e viño en terras guímaras

Protagonista: Concello A Pobra do Brollón

O proxecto Adegas da Memoria e o Concello da Pobra do Brollón organiza ‘Palabras Molladas’, unha serie de charlas sobre arqueoloxía, acompañadas de viños de Vilachá de Salvadur con D.O. Ribeira Sacra.
Trátase dunha actividade concibida en paralelo á campaña arqueolóxica dos Conventos. A primeira charla será este mércores 22 a cargo de Rafael Rodríguez, arqueólogo da Deputación de Pontevedra. Baixo o título ‘Veraneantes nos castros das Rías Baixas’, tratará as relacións entre os habitantes do Mediterráneo e a poboación de Galicia e do noroeste peninsular dende a Idade do Ferro. O viño a acompañar esta charla será de O Tolo do
Xisto.
Ao día seguinte, o xoves 23, falará Juan Pablo López de arqueoloxía, comunidade e medio rural a partir do proxecto Terra Levis na Serra de Ávila. A charla incluirá a proxección da curtametraxe Nos quedamos. Será unha charla maridada con viño
de Acivro.
A última charla será o xoves 30 de xullo a cargo de Xurxo Ayán quen presentará as “case conclusións” da campaña arqueolóxica actual en Os Conventos. Poderase degustar viño de Val do Frade.
Todas as charlas serán ás 20:00 h no salón de actos da Casa da Cultura ‘Olga Novo’, na Pobra do Brollón. Respectaranse as distancias e medidas de seguridade, e o uso de máscara será obrigatorio.

22 Xullo, 2020 - 30 Xullo, 2020

8:00 p.m. a 9:00 p.m.

Pobra do Brollón

Rúa Samoeiro s/n
A Pobra de Brollón, Lugo 27330 Spain
+ Google Map