Cargando Eventos

Chega o Tomo IV da revista Alicerces

Protagonista: Irmandade Cultural País do Faro

O vindeiro sábado, 22 de xuño, preséntase en Chantada o Tomo IV de “Alicerces, a Revista de estudos sobre o Miño medio” . A Irmandade Cultural País do Faro é a editora desta revista que contén artigos creativos e de investigación arredor de distintos aspectos da historia, a sociedade ou a economía deste territorio. Xosé Méndez é o director desta publicación que ve de novo a luz con temas novidosos dende o prisma de distintos colaboradores. O acto terá lguar no Círculo Recreativo Cultural de Chantada a partir das 20,15 h

22 Xuño, 2019

8:15 p.m. - 9:15 p.m.

Chantada

Av. de Ourense, 7
Chantada, lugo 27500 Spain
+ Google Map