Cargando Eventos

‘Cine para coidar a terra’ no Palleiriso

Protagonista: Feciga

O sábado 7 de setembro a aldea de Garabelos vivirán outra xornada de cinema e reflexión cunha nova edición da xornada Cinema para Coidar a Terra. Será no Cinema Palleiriso de Anxo Moure onde estarán representadas distintas propostas  e temas como as de Belén Veleiro, Félix Rodríguez de la Fuente, Bocixa, a Musicleta do señor Lili e Pulpiño Viascon, a estrea de “La pescadora” de Edu Lavandeira (rodada en Belesar), a nosa Canle Ribeira Sacra presentando o traballo do audiovisual na rede, a curtametraxe “Miñoca”, o roteiro ate o Carballo Grande e outras accións coma o bioalmorzo ou o xantar campestre. Todo organizadao dende a Federación de Cineclubes de Galicia- FECIGA- dende as 11.00h. e con entrada libre.

PROGRAMA

Organiza Feciga – Federaciòn de Cineclubes de Galica
Data: 7.9.2019
Lugar: Cinema Palleiriso
Programa:
11:00 Recepción con bio-almorzo
11:30 Presentación da xornada
11.45 Proxección do traballo audiovisual do “Cine para coidar a terra 2.018”
           “Marcos” de Mauel Valcarcel
12:00 O audiovisual e a divulgación ambiental na rede. Canle Ribeira Sacra
            Proxección de traballos ambientais e de patrimonio da Canle Ribeira Sacra
14:00  Xantar campestre
15:00 Café debate, o cinema como plataforma de acción ambientalista.
            Moderado por Bocixa con membros das plataformas de loita contra a contaminación (Touro, Teo…)
16:00 Actuación musical da Musicleta co Señor Lili e Pulpiño Viascon
17:00 Proxección e debate “Estruturas, pel contra pel” de Paco Gallego e Xosé Bocixa
18:30 Roteiro ambientalista e de grabación audiovisual ate o Carballo Grande de Pousada (500 anos)
           (2 km ida e volta)
20:00 Despedida coa proxección de “Miñoca” de Iago de Santa e estreno da curtametraxe rodada en Belesar “A pescadora” de Edu Lavandeira
                                             ACTIVIDADES INFANTIS (para nenas e nenos grandes e pequenos)
            Acto de plantación dunha amendoeira para diminuir o impacto de emisións da xornada.
  • Obradoiro de stop-motion con material de refugallo, recortes… a cargo de Belén Veleiro
  • Banda sonora forestal con elementos da natureza
  • Proxección en super-8 no horreo de documentais de animación de Felix Rodriguez de la Fuente
  • Proxeccions “árbores no bandullo”  coa Cinecleta

Chantada

Garabelos, Mariz
Chantada, 27518 Spain
+ Google Map