Cargando Eventos

Cinema galego do 2020 para despedir o ano

Protagonista: Concello A Pobra do Brollón

Dende a área de Cultura do Concello da Pobra do Brollón apostan polo cinema galego para rematar o ano e con estreas ben recentes.

ciclo estréase o sábado 12 coa proxección de Dorothé na Vila, dirixida por Alejandro Gándara e Olaia Tubío. Trátase dun documental baseado en Dorothé Schubart, musicóloga suíza que investigou e fixo recollida en Galicia creando un dos cancioneiros máis importantes e recoñecidos. Para esta proxección deseñouse a maiores unha actividade en colaboración coa Escola Municipal de Música Samoeiro. Despois da proxección os directores ofrecerán un obradoiro de recollida de tradición musical para que os asistentes poidan aplicalo.

A segunda proxección, o domingo 20, será Reboiras. Acción e corazón, dirixida por Alberte Mera e que trata a vida do sindicalista asasinado no 1975. A proxección contará coa presenza do director e como a anterior terá lugar na Casa da Cultura ‘Olga Novo’.

O ciclo pechará o domingo 27 coa proxección de Ons dirixida por Alfonso Zarauza, un director xa habitual dos ciclos de cinema da Pobra do Brollón. Ons será estreada en salas o próximo día 18 pero xa colleitou premios e grandes críticas en festivais como o de Sevilla ou Márgenes. Ademais o seu director, que asistirá á proxección, acaba de ser recoñecido co premio Cineuropa. Esta proxección terá lugar no Local Multiusos de Salcedo debido á súa maior capacidade. “Grazas á colaboración da Asociación Veciñal de Salcedo podemos empregar esta infraestrutura dotada de equipo de son e cadeiras suficientes e, sobre todo, cunha capacidade maior, o que nos permite ofrecer as prazas máximas permitidas.

As proxeccións son de balde e requirirán reserva previa no teléfono 650 624 828.

12 Decembro, 2020 - 27 Decembro, 2020

Pobra do Brollón

Rúa Samoeiro
Pobra do Brollón, Lugo 27330 Spain
+ Google Map