Cargando Eventos

Circanelo, espectáculo multidisciplinar

O domingo, 30 de agosto ás 20:00 h.  Chantada terá unha nova cita co seu #veráncultural. Será con Circanelo na praza do Cantón nunha acción da programación de #Culturano Camiño en colaboración coa Xunta e o Xacobeo.
Trátase dun show de teatro xestual, danza, acrobacia, malabares e outras disciplinas circenses que se mesturan para crear unha historia absurda, loca, sobre un artista coa intención de presentar o seu número a toda costa dentro dun rexistro de Clown, disciplina na que foi premiada esta montaxe de Fredy & Cía.

30 Agosto, 2020

8:00 p.m. - 9:00 p.m.

Chantada

Praza de España
Chantada, Lugo Spain
+ Google Map