Cargando Eventos

Coloquio ‘O monte tamén é cultura’

Protagonista: O Colado do vento

O monte tamén é cultura. Desa premisa parte a charla coloquio que este venres, 16 de novembro, impartirá Felipe Castro na casa da cultura de Sober. A liña arredor da cal transcorrerán as reflexións e conferencia ten como base o feito de pensar de novo no patrimonio cultural do monte como oportunidade de dinamización e desenvolvemento económico. Con este fin, o colectivo soberino O Colado do Vento convida a toda a veciñanza a acudor ao encontro aberto que está previsto para as 19.30 h.

 

16 Novembro, 2018

7:30 p.m. - 8:30 p.m.

Sober

Praza do Concello s/n
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map