Cargando Eventos

Concerto da Ribeira Sacra Jazz Orquestra

A Ribeira Jazz Orquestra quere potenciar a marca Ribeira Sacra levando o seu nome a través deste xénero musical.
Froito da colaboración dos músicos Iñaki Askunze (Pamplona) e Miguel Rodríguez (Monforte de Lemos) nace no ano 2011 RIBEIRA SACRA JAZZ ORQUESTRA. Creáse coa participación da Deputación Provincial de Lugo co obxectivo de vencellar tradición e modernidade no proxecto musical.

O 3 de xaneiro de 2019 actuarán na Casa da Cultura de Monforte de Lemos. Será nun concerto que se prolongará dende as 20.00h deica as 22.00h. A formación está integrada por mestres de música de toda a xeografía española e músicos profesionais con variadas influencias.

Tal e como eles mesmos definen, os seus temas veñen do jazz pero adoptan aires de swing, funky, samba ou rock e  “respectan as particularidades de cada instrumento que intervén na súa presentación”.
Ao longo dos últimos anos estableceron unha rede de colaboradores con gran recoñecemento nacional e internacional no panorama musical como son Polo Ortí, Joshua Edelman, Pepe Bao, Celia Mur, Charlie Moreno, Calixto Oviedo, Alberto Conde, Roberto Somoza, Dee Jay Foster, Jerry González. Todos/as eles/as e moitos/as outros/as traballaron neste soño. A súa filosofía vai moi vencellada ao sector vitivinícola e ao enoturismo, polo que tanto a D.O. Ribeira Sacra como varias adegas xa se teñen implicado no proxecto. Son 13 músicos residentes en Galicia e o vindeiro ano poderemos gozar con eles para inaugurar o 2019 en Monforte.

3 Xaneiro, 2019

8:00 p.m. - 10:00 p.m.

Monforte de Lemos

Praza de España, 3
Monforte de Lemos, Lugo 27400 Spain
+ Google Map