Cargando Eventos

Concerto de Andrés Montes na terraza do Círculo Saviñao

Protagonista: Círculo Saviñao

Andrés Montes, vocalista de Gin Toni´s será o encargado de volver abrir os eventos de lecer e cultura do Círculo Saviñao. Será nun concerto de balde que ofrecerá este sábado, 20 de xuño, ás 20.00h. na terraza do local da sociedade. O músico e veciño da vila de Escairón interpretará unha gran variedade de versións guitarra en man, unha vez máis para agasallar a seguidores/as e veciños/as.

Dende o Círculo lembran que o aforo será limitado para poder respectar a distancia de seguridade pola pandemia e que será obrigado o uso da máscara e o sentido común.

20 Xuño, 2020

8:00 p.m. - 9:00 p.m.

O Saviñao

Emilia Pardo Bazán, 17
Escairón, O Saviñao, Lugo 27540 Spain
+ Google Map