Cargando Eventos

Concerto de Tiam GZ no Verán Cultural

O festivo do 15 de agosto estará amenizado en #Chantada pola música dunha formación local. O rap e as mesturas dos mozos de TIAM GZ serán o son do sábado noite no escenario da Praza do Cantón en #Chantada. A partir das 23.00 h. e de balde, todas as persoas que o desexen poderán asistir ata completar aforo e cumprindo os requisitos de seguridade por por da pandemia da COVID-19.

Este evento completa o verán cultural do Concello de Chantada, cheo de actividades repartidas ao longo destes meses en localizacións exteriores na súa meirande parte.

Aquí vos deixamos unha ligazón ao seu último vídeo clip con sons moi estivais gravado na ribeira do Miño:

15 Agosto, 2020

11:00 p.m. - 11:59 p.m.

Chantada

Praza de España
Chantada, Lugo Spain
+ Google Map