Cargando Eventos

Concerto en liña do C’é Orquestra Pantasma

Protagonista: Concello A Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón peche este sábado o ciclo de concertos confinados ‘Cos Pés na Casa’. Será a partir das 21:00 horas en directo na páxina de Facebook do Concello da Pobra do Brollón. Cé Orquestra Pantasma é o nome artístico do músico vigués César Freiria. No concerto do sábado noite interpretará temas da súa discografía, ademais de temas inéditos propios e poemas musicados de poetas galegos, entres os que incluirá un de Olga Novo.
Remata unha iniciativa para este tempo de corentena polo COVID-19. Outros artistas que actuaron no ciclo son Ale González, Benxamín Otero, Laura LaMontagne e PicoAmperioe Xoán Curiel.
Previo ao concerto, o venres pola mañá, publicarase nas redes da entidade local un vídeo dunha entrevista a distancia con Cé Orquestra Pantasma.

2 Maio, 2020

9:00 p.m. - 10:00 p.m.

Pobra do Brollón

Spain
+ Google Map