Cargando Eventos

Concerto Tributo a Sabina

Protagonista: Concello de Pantón

La Penúltima Sabinera volve aos escenarios na Ribeira Sacra. O Concello de Pantón gozará cunha actuación ao aire libre desta completa formación  o día 26 de xuño ás 23.00h. O grupo, que actuara o pasado verán en Chantada e que ten unha consolidada e valorada traxectoria como banda tributo que interpreta versións do coñecido músico, ofrecerá un concerto de balde para o público.

O Concello de Pantón salientou que todo se está a organizar para o cumprimento das medidas fronte á propagación do Coronavirus. A Praza do Concello será o escenario para gozar cos aplaudidos temas sabineros.

 

26 Xuño, 2021

11:00 p.m. - 11:59 p.m.

Pantón

Ferreira, Lugo 27437 Spain
+ Google Map