Cargando Eventos

Concertos na Terceira Fase para a hora do vermú

Protagonista: Concello A Pobra do Brollón

Na Pobra do Brollón seguen co plan para a nova normalidade. Os vermús de domingo virán con música polos bares do municipio e os chamados Concertos na Terneira Fase  que deron comezo o domingo 14 de xuño continúan esta fin de semana coa actuación de Garabelo.  Será ás 13:00 na terraza deste local da Pobra do Brollón.
Un trío de guitarra, clarinete e violín. O concerto é de balde, previa reserva. Idealmente as reservas deberán facerse por grupos para facilitar a organización das mesas de modo que se poida manter as distancias de seguridade. As reservas deben facerse nos teléfonos 982 430 469 ou 687 245 221.
Con este concerto serán tres as celebradas xa dentro do ciclo, que arrancou con Alexandro González e
Samparasón. As últimas dúas actuacións serán con Garabelo no Bar Pirata (domingo 5 de xullo) e
Xerezade no Primeiro de Maio (domingo 18 de xullo).

A actividade pretende ser unha proposta de lecer por unha banda, e por outra axudar ao sector da hostalería e a cultura, dos máis danados coa crise sanitaria.

 A idea é organizarse ben para poder cumprir coa normativa de seguridade e distancias nos restaurantes e bares que sexan o escenario destes concertos post corentena. Son un total de 5 actuacións as previstas. Os detalles están no cartel que aparece a continuación.

 

 

8 Xuño, 2020 - 19 Xullo, 2020

Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón, Lugo 27330 Spain
+ Google Map