Cargando Eventos

Concurso aberto para deseñar o Cartel do Folión de Carros

Protagonista: Asociación de Amigos do Folión

A organización do Folión de Carros de Chantada ven de lanzar unha convocatoria aberta, na que calquera persoa pode participar no Concurso para a elección do cartel anunciador do Folión de Carros 2020.

Desta volta a colaboración ven da man da  Asociación de Empresarios de Chantada, polo que o premio para o cartel gañador será canxeable en negocios do concello de Chantada por un valor de 200 euros.

As bases resúmense no seguinte:
– Poden participar todas as persoas que o desexen nunha soa categoría
– O cartel gañador será o Cartel anunciador do Folión de Carros 2020
– O premio para a persoa vencedora será de 200 euros, para consumir en
negocios asociados á Asociación de Empresarios de Chantada
– O prazo de presentación dos traballos remata o venres 29 de maio

-O lugar onde se deben enviar os deseños é o enderezo electrónico amigosdofolion@gmail.com ou o apartado de correos nº12 de Chantada/ C.P. 27500

Para máis información ou envío das bases con maior detalle poden contactar con Pica 656 182 265/ Laura 667 227 603 / Xavier 627 262 174