Cargando Eventos

Concurso de carteis de cara á Festa do Caldo de Ósos

Protagonista: Concello de Taboada

Taboada prepárase para a cita gastronómica cun dos pratos máis senlleiros da comarca: o caldo de ósos. Pero a festa cómpre anunciala e para iso ven de poñer en marcha a quinta edición do concurso de carteis. Nel pode participar calquera persoa vencellada ao municipio de xeito individual ou en equipo.

 

A temática, loxicamente, ten que estar relacionada coa celebración da XXVIII Festa do Caldo de Ósos que terá lugar os días 2 e 3 de marzo. O prazo de presentación das obras rematará o 23 de xaneiro de 2019.

Deben ser traballos inéditos e orixinais con formato A3 orixinal montados sobre soporte ríxido preparado para exposicón. Atécnica pode ser dixital ou tradicional, pero sempre ten que acompañarse do formato dixital calquera peza presentada. Na presentación dos carteis deberá ir impreso o logotipo do Concello de Taboada.

 

Os traballos faranse chegar ao enderezo do Concello acompañados de sobre pechado cos datos que se requiren nas bases publicadas no taboleiro e no facebook do Concello de Taboada. Tamén debe constar o título da obra, tanto acompañando ao devandito cartel como no sobre. Outros xeitos de presentación que regula o Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

Máis información: https://www.facebook.com/Concello-de-Taboada-469772689724670/?tn-str=k*F

 

Coas obras admitidas levarase cabo unha exposición no Salón de Actos da Antiga Casa Cuartel de Taboada.

 

8 Xaneiro, 2019 - 23 Xaneiro, 2019

9:00 a.m. a 2:00 p.m.

Taboada

General Muinelo, 1
Taboada, Lugo 27550 Spain
+ Google Map