Cargando Eventos

Concurso de fotografía Segredos de Pantón

Protagonista: Segredos de Pantón
Xa está en marcha a 3ª edición do concurso fotográfico Segredos de Pantón para estas datas. O prazo de envío das imaxes dará o comezo o día 1 de decembro de 2020 e rematará o 31 de decembro. Será para o 6 de xaneiro ás 17:00 horas cando remate  o prazo de votación. As imaxes amosarán algún recuncho do municipio no outono ou inverno.
A forma de envío das imaxes ten varias opcións:

A través das redes sociais son: Facebook: Segredos de Pantón/ Twitter: @OsSegredosdoVal/ Instagram: @segredos_de_panton

Correo electrónico: segredosdepanton@gmail.com

Teléfono (WhatsApp): 662 669 223
Haberá tres premios:1º Premio: Cesta con: 1 Noite para 2 persoas en “Fogar do Pumar”, Lote de produtos de “Cachenas de Pantón”, 2 packs “Finca Míllara”, 2 botes de mel do “Noso Mel”, Comida para 2 persoas nun restaurante por “Arribeirados”, Visita guiada á Rectoral de Castillón e cata de viños, 1 botella “Vertixe” de “Adega Sernande” e 1 Paraugas de “Rosal Moda”.

– 2º Premio: Cesta con: 1 pack “Finca Míllara”, Lote “O fogar dos soños”, Paseo en zodiac para 2 pers. de “Turismo Pantón”, 1 botella “Casa Moreiras Barrica”, 1 botella “AlmaLola”, 1 bufanda de”Rosal Moda” e 1 Taza + Bolígrafo para Móbil, 1 botella “So What” de “Adega Sernande” e Tablet de “Asesoría O Castro” .

-3º Premio: Cesta con: 1 Visita guiada por Pantón de “Galsentur”, Vale por 25 € no taller de costura “Teresa Lamela”, 1 pack “Finca Míllara”, lote “Casa da Fonte”, Libro “Grandes Receitas” de “Estudio Gnomo”, lote “Tuta Fruta”, 1 Chaleco impermeable de “Rosal Moda”, 1 botella “So What” de “Adega Sernande” e 1 botella “Casa Moreiras Barrica”.

Cartaz Concurso Fotográfico Segredos de Pantón

 

Pantón

Pantón
Pantón, Lugo Spain
+ Google Map