Cargando Eventos

Concurso de microrrelatos Ribeira Sacra

Protagonista: Concello de Parada de Sil

O Concello de Parada de Sil quere promover a cultura e a creatividade a través da escritura. Ven de convocar, con este motivo, o sétimo concurso de microrrelatos coa colaboración do catedrátivo Eugenio Prieto Pérez.

A temática e o estilo son libres e poderán estar escritos en galego ou castelán sendos empre orixinais e inéditos. Cada autor poderá participar únicamente cunha peza que non debe superar a extensión das 200 palabras.  Hai varios xeitos de presentación que se detallan nas bases do devantito certame, que poderán atopar neste enlace á web:

 

https://www.paradadesil.es/index.php/es/component/k2/item/266-s%C3%A9ptimo-concurso-de-microrrelatos-ribeira-sacra-ayuntamiento-de-parada-de-sil

 

A data límite para a entrega dos traballos será o 3 de marzo e o xurado estará presidido polo catedrático e hispanista Antonio Carreño. O fallo será público o 30 de abril e haberá tres premios. O primeiro será de 1.000 euros, o segundo de 500 e o terceiro de 300 euros. A entrega dos galardóns terá lugar o 11 de maio durante a celebración que fai o Concello de Parada de Sil con motivo da data das Letras Galegas.

 

15 Xaneiro, 2019 - 3 Marzo, 2019

8:00 a.m. a 1:00 p.m.

Campo da Feira
Parada de Sil, Ourense 32740 Spain
+ Google Map