Cargando Eventos

Conferencia sobre o papel das abadesas de Pantón no monacato medieval galego

Protagonista: Segredos de Pantón

A asociación cultural Segredos de Pantón organiza coa Universidade de Santiago unha conferencia sobre “As señoras, abadesas e monxas do Castro de Ferreira: 𝗺𝘂𝗹𝗹𝗲𝗿𝗲𝘀 𝗰𝗼𝗻 𝗽𝗼𝗱𝗲𝗿 𝗮𝗼 𝗿𝗲𝗱𝗼𝗿 𝗱𝗼 𝗺𝗼𝗻𝗮𝗰𝗮𝘁𝗼 𝗺𝗲𝗱𝗶𝗲𝘃𝗮𝗹 𝗴𝗮𝗹𝗲𝗴𝗼.” Será o vindeiro venres, 30 de xullo,  ás 17:30h.  a cargo de Miguel García, investigador do Instituo de Estudos Galegos Padre Sarmeinto (CSIC-Xunta de Galicia). A charla  sobre as mulleres do convento do Divino Salvador desenvolverase no salón de actos do edificio sociocultural de Pantón.

Precísase inscrición previa:

Vía correo electrónico: segredosdepanton@gmail.com

Vía redes sociais: Twitter, Instagram ou Facebook de Segredos de Pantón.

Vía WhatsApp: 662 669 223 (Lucas Vázquez)

Vía telefónica ou mensaxería: 662 669 223 (Lucas Vázquez)

O límite de prazas está nas 38 persoas.

30 Xullo, 2021

8:00 a.m. - 5:00 p.m.

Pantón

Praza do Concello s/n
Ferreira, Lugo 27430 Spain
+ Google Map