Cargando Eventos

Crianzas: protagonistas do Nadal en Carballedo

O Nadal en Carballedo vai estar cheo de actividades enfocadas a un público infantil e de familias con crianzas. A nota máis curiosa da programación vén da man das tecnoloxías. Papá Noel decidiu aforrar o combustible da viaxe e aproveitar as vantaxe de falar coas crianzas vía videoconferencia. Conectarase o xoves día 20 ás 11:30 e nenos e nenas poderán achegarse á Aula de Informática do Concello para lerlle as súas cartas. Vai estar en persoa o día 23 tralo espectáculo Os contos do Apalpador ás as 18 h. no Concello. O do Caurel vai ser a figura estrela deste Nadal xunto cos Reis Magos.

 

O xoves 27 e o xoves 3 de xaneiro de 11:30 h. a 13:30 h. haberá xogos lúdico-educativos para nenas e nenos de 5 a 7 anos na Aula de Informática. O día 27 pola tarde está organizada unha excursión a Pazolandia para nenas e nenos de 6 a 12 anos. O venres 28 e o venres 4 de xaneiro a actividade de xogos de Nadal repítese á mesma hora adaptada a preadolescentes de 8 a 12 anos.

 

A programación de decembro rematará o día 28 ás 16:30 h. tamén no Concello co espectáculo Queres que che conte, de Palimoco Teatro, destinado a familias con crianzas. E no día grande para elas, o sábado día 5 de xaneiro, haberá unha grande Festa de Reis Magos con conta contos e o espectáculo Un paxe en apuros, que será a antesala da visita dos Reis Magos de Oriente ás 18h no Concello. Esta ben ir preparando xa as cartas para Noel, Apalpador e Reis, e mellor encargarlles agasallos de proximidade. Pero sempre tendo en conta que o mellor regalo non se pode envolver.

20 Decembro, 2018 - 5 Xaneiro, 2019

11:30 a.m. a 8:00 p.m.

Carballedo

Plaza V.Portomeñe, 0
A Barrela, Lugo 27520 Spain
+ Google Map