Cargando Eventos

Curso de autodefensa e apoderamento para mulleres

A autodefensa para mulleres é unha ferramenta básica para o noso apoderamento non só ante as agresións machistas senón para nos defender das violencias que sofrimos no día a día. O vindeiro venres 1 de febreiro terá lugar un curso en Chantada impulsado pola Asociación de Empresarios de Chantada, o Centro de Información Muller (CIM) de Chantada e o Centro Deportivo Arena. O curso é gratuíto, está destinado a mulleres con máis de 15 anos e ten o obxectivo de facilitar ferramentas de autodefensa e de acción en contra dos abusos, as violencias e as agresións. As prazas son limitadas e outorgaranse por rigorosa orde de inscrición (gimarena@hotmail.com). O centro deportivo ofrece tamén unha formación anual non gratuíta e destina parte da recadación para asociacións de vítimas das violencias machistas.

Imaxe:  burst.shopify.com vía https://www.pexels.com

 

1 Febreiro, 2019

9:00 p.m. - 10:00 p.m.

Chantada

Dr Fleming, 1
Chantada, Lugo 20500
+ Google Map