Cargando Eventos

Curso de verán da USC AugaTerraLumeAr na Ribeira Sacra

Protagonista: USC

Do 15 ao 18 de xuño a Monforte será a aula para un dos cursos da Universidade de Verán da USC. Enfocado como unha formación interxeracional forma parte do Programa Universitario de Maiores IV Ciclo e  conta con 40 prazas e 36 horas lectivas.

O obxectivo xeral é seguir descubrindo o patrimonio da Ribeira Sacra, a súa etnografía, as súas paisaxes e a gastronomía unida aos coñecidos viños. Profesores universitarios, artesáns e axentes do territorio, profesionais de diversas ramas do coñecemento e disciplinas serán quen guien este curso intensivo, no que tamén está previsto falar da candidatura da da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.

 

Máis información e programa completo:

https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/titulacions/ivciclo/descargas/Curso-de-veran.pdf

15 Xuño, 2021 - 18 Xuño, 2021

Monforte de Lemos

Praza de España, 3
Monforte de Lemos, Lugo 27400 Spain
+ Google Map