Cargando Eventos

Curso sobre ‘ O mundo das abellas’

Protagonista: Concello O Saviñao

O mel é alimento e saúde. Tamén economía e equilibrio para o ecosistema. Por isto, a apicultura é unha actividade que suscita cada vez máis interese en Galicia como acción complementaria no rural ou como actividade profesional. Proximamente  terá lugar no Saviñao unha actividade formativa ao xeito de reunións coloquiais e baixo o título ‘O mundo das abellas’. Será un curso impartido polo expero Alberto Vázquez Domínguez, veciño de San Adrián, e no que se abordarán as seguintes temáticas:

Historia das Abellas/ A colmea e as súas tipoloxías/ os seus habitantes ( raíñas, obreiras e abázcaros) / renovación de raíñas/ método snelgrove…

O curso iniciarase o 16 de outubro e as inscricións deben facerse antes do 15 do mesmo mes no Concello ou a través do múmero de teléfono 982 452 061. Será os venres ás 20.00h.

16 Outubro, 2020 - 30 Outubro, 2020

8:00 p.m. a 9:30 p.m.

O Saviñao

Rúa Doutor José Portela
Escairón, Lugo 27540
+ Google Map