Cargando Eventos

Cursos de teatro, fotografía, cinema e outras artes

Protagonista: Sacra Festival

O Sacra Festival ten en marcha a súa oferta de cursos formativos en diversas disciplinas artísticas, creativas e emprendedoras. Sacra Forma 2020, programación que nace do festival de integración das artes e da paisaxe que se ven celebrando nos últimos anos a carón do Miño, desenvolverá accións relacionadas co teatro, a fotografía e a posta en marcha de proxectos artísticos en xeral.

Os días 13 e 14 de xuño serán Victór Duplá e a actriz María Vázquez os encargados de dirixir un curso que ten por título ‘La responsabilidad creativa en el hecho teatral’.

Máis adiante, o 27 e o 28 de xuño será a quenda dos fotógrafos, que poderán ampliar coñecementos e perspectivas co curso ‘El corazón de una imagen’, dirixido por David Jiménez.

Xa no mes de xullo, a Ribeira Sacra albergará a formación ‘Modos de hacer. De la idea al proyecto’, impartida por Nicolás Combarro e Miguel Ángel Delgado. Será do 10 ao 12 de xullo.

Doutro lado está a liña Sacra Cinema: Un obradoiro de creación dirixido a nenos e nenas que queiran facer un uso consciente das diferentes ferramentas audiovisuais. Un encontro no medio da natureza impartido pola recoñecida cineasta cubana Alejandra Aguirre Ordóñez.

Inscricións en máis información en: https://sacrafestival.org/formacion/

663 30 17 65/ correo: experimentadanza@yahoo.es

12 Maio, 2020 - 29 Maio, 2020

Chantada

Lugo
+ Google Map