Cargando Eventos

Danza nos claustros

Os claustros do patrimonio monástico da Ribeira Sacra serán protagonistas do circuito Danza no Claustro. SoloDos  programa varios espectáculos nos vindeiros días coa colaboración de entidades como a Deputación de Ourense, o Concello de Xunqueira de Espadanedo ou Paradores. Ademais doutras localizacións como Santa María, en Melón o 20 de agosto, Santo Estevo de Ribas de Sil será un dos escenarios o 19 de agosto, en Nogueira de Ramuín. A reserva de entradas faise a través do teléfono 988 201 023

Xa o 21 de agosto será en Santa María de Xunqueira de Espadanedo a ocasión de ver unha exhibición da mellor danza no claustro. Neste caso é preciso reservar entradas por whatsapp a través do 656 473 338.

 

19 Agosto, 2021 - 21 Agosto, 2021

8:00 p.m. a 9:00 p.m.

Nogueira de Ramuín

Ourense
+ Google Map