Cargando Eventos

Debuxa Chantada

Dende o Concello de Chantada e a Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra teñen en marcha unha actividade dirixida ás nenas e aos nenos neste tempo de confinamento creativo. Chámase #DebuxaChantada

Consiste en facer debuxos do seu recuncho favorito do municipio para decorar finalmente a Casa da Cultura. A idea é fotografar ou escanear o debuxo e envialo ao correo electrónico: debuxachantada@concellodechantada.org

Ademais é preciso indicar  NOME, APELIDOS, IDADE e TÍTULO do debuxo. E lembrade que no propio debuxo tamén debe aparecer o cancelo  #todoistopasará  #corazóndeGalicia.

Os debuxos serán expostos no verán na Casa da Cultura e todas as nenas e os nenos terán un agasallo. As redes sociais do Concello de Chantada e Chantada Turismo publicarán algúns dos traballos que se reciban.

8 Abril, 2020 - 30 Abril, 2020

Chantada

Praza do Concello
CHANTADA, Lugo 27500 Spain
+ Google Map