Cargando Eventos

‘Descrenza’ nova mostra no outono fotográfico

Protagonista: Espazo Xove de Chantada

Este 23 de novembro inaugúrase a última exposición do Outono Fotográfico no Espazo Xove de Chantada deste ano, que leva por títúlo “Descrenza” e está asinada polo Colectivo Fotográfico Os Potiños.

O colectivo Os Potiños describe esta exposición como:

Burato. Tronada. Desamor e deserto. Soidade. Pregunta. Escura noite preñada de ausencias… Silencio
furado pola mensaxe da pomba das alas rotas. Chega a morte de todas as certezas: dubido, logo existo.
Naufraxio das verdades aquelas que nos tiñan escravos. Catarse que nos libera. Descrer todo aquilo que parecía certo, pero que non o era e voltar ó camiño da busca e da liberdade onde nacen as papoulas frescas.
E tamén na fotografía: Recoñecer que o certo non é certo, que a foto non conta toda a verdade, senón a interpretación do autor. Non reproduce senón que crea. Descrer que nos cortaron as alas para voar co corazón, buscando sempre novos ceos. Renunciar á herdanza do fácil; descrer para inventar, para construír nós mesmos a nosa fotografía, o noso camiño, a nosa vida.
Así cre e crea “O POTIÑOS” nesta edición do Outono Fotográfico, pensando en branco e negro e con formato cadrado”.

23 Novembro, 2020 - 4 Decembro, 2020

5:00 p.m. a 9:00 p.m.

Chantada

Rosalía de Castro, 66
Chantada, Lugo 27518 Spain
+ Google Map