Cargando Eventos

Desfile de comparsas

O desfile de comparsas de Chantada muda este ano de día. Este ano rapaces e maiores sairán á rúa o sábado de Entroido. Co cambio de data á fin de semana a festa poderase desfrutar máis e mellor, así que tanto se participas no concurso como se te disfrazas ou simplemente vas a desfrutar do espectáculo, a diversión está garantizada coa música en directo do grupo Costa Rica.
O percorrido comeza ás 17:00 h. e haberá premios para as tres primeiras clasificadas de cada categoría.
As comparsas que vaian a participar poden apuntarse ata o 19 de febreiro no 982440011 ou na Casa do Concello.

22 Febreiro, 2020

5:00 p.m.

Chantada

Chantada, Lugo 27500
+ Google Map