Cargando Eventos

Desfile de entroido en Ferreira

Protagonista: Concello de Pantón

O entroido de Ferreira queda para este sábado, 29 de febreiro. Será unha nova oportunidade para disfrazarse e gozar dun desfile cuxas comparsas se concentrarán ás 15.30 h. no complexo Monte Baliño para saír posteriormente polas rúas do Castro de Ferreira. Será unha tarde completa con música a cargo do grupo Paradisse, haberá chocolatada e baile sen faltar premios aos mellores grupos e individuais e agasallos para ós mais pequenos/as. Non o perdan, é unha actividade de balde e aberta a todos os públicos da comarca.

29 Febreiro, 2020

3:30 p.m. - 8:00 p.m.

Pantón

Lugo
+ Google Map