Cargando Eventos

Despois de todo, mereces un respiro. Experiencias na Ribeira Sacra

Imos inaugurar xullo e con el a plena actividade da campaña “Despois de todo, mereces un respiro. Esta é a mensaxe principal que actuará de paraugas de todas as accións de carácter promocional e comercial que se van a poñer en marcha nesta tempada por parte do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

Pretende ser un efecto chamada coa nova normalidade na que xa se poden realizar actividades e hai maior mobilidade e que xa comezou hai unhas semanas con pequenas accións publicitarias segmentadas a través de redes sociais e outras de carácter complementario.

O groso da campaña é un portal de experiencias que xa está operativo: https://merecesunrespiro.com/

Este soporte dará cobertura ás propostas máis orixinais e adaptadas a unha nova demanda. O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra sería un dos primeiros xeodestinos de Galicia en iniciar unha campaña despois da declaración do Estado de Alarma dirixida ao público galego e co obxectivo principal de que Ribeira Sacra sexa unha opción preferente a ter en conta para este verán.

As propostas clasifícanse en 5  bloques en función da tipoloxía de servizos e actividades que conteñen. Hainas relacionadas coas exploración dos recursos patrimoniais do territorio, outras de interacción coa paisaxe a través do deporte, tamén do coidado persoal en espazos únicos, e, por suposto, vencelladas á oferta gastronómica do xeodestino.

O usuario poderá realizar unha búsqueda, ademais de pola temática, por duración, perfil de público ao que vai dirixido ou polo periodicidade na que están dispoñibles as actividades que busca.

O portal contará máis de 40 experiencias que se van ampliando progresivamente e adaptándose tamén á tempada de outono.

8 Xuño, 2020 - 31 Agosto, 2020

Sin localización