Cargando Eventos

Martes de Entroido na ribeira

Vaise acabando o tempo da cor, da burla cómica e das vestimentas estrafalarias. Un dos entroidos ancestrais de Galicia, o Ribeirao segue sumanzo forza nos últimos anos dende Santiago da Riba. A tempada arrancaba o 9 de febreiro coa xuntanza de entroidos impulsada pola Asociación De Amigos do Entroido Ribeirao e rematará este martes na mesma aldea, dun xeito máis íntimo e cuns personaxes que escaparán polas hortas deica o vindeiro ano, non sen antes vivir o choro do pucho como xeito simbólico de rematar o entroido. A partir das 16.00 h., coma sempre, no Moredo.

25 Febreiro, 2020

Chantada

O Moredo, Santiago de Arriba
Chantada, Spain
+ Google Map