Cargando Eventos

Visualización no Día Mundial contra o Cancro

A asociación Chantada Contra o Cancro segue organizando actividades. Desta vez, o venres día 8 citan aos seus socios/as e a todas as persoas que queiran achegarse ao auditorio municipal de Chantada. Alí celebrarase unha reunión ás 19.00h. e acto seguido, ás 20.00h. o sarrián Iván Quiñoá levará a cabo unha conferencia-coloquio sobre a súa experiencia na loita contra esta enfermidade. Un punto de vista positivo e real que non deixará a ninguén indiferente. Quiñoá, autor do libro ‘Quiero Vivir! Un enfermo vital’ falará, entre outras cousas da visualización, chave para convivir e loitar nas doenzas e na vida.

8 Febreiro, 2019

7:00 p.m. - 8:00 p.m.

Chantada

Praza de Galicia
Chantada, Lugo 27500 Spain
+ Google Map