Cargando Eventos

Día Mundial do Alzheimer

Protagonista: AFACHANTADA

O 20 de setembro celébrase o Día Mundial do Alzheimer co fin de espallar información e sensibilizar arredor desta enfermidade. En moitos lugares institucións e colectivos de familiares de persoas aqueixadas desta doenza realizarán accións diversas encamiñadas a abrir o seu labor ao conxunto da sociedade. En Chantada, por exemplo, AFACHANTADA prepara toda unha xornada de actividades que irán dende andainas, ata charlas como a de Aida Menéndez sobre a iniciativa Memoria no Camiño de Inverno, que está a colaborar nesta campaña de sensibilización, e actuacións musicais e de circo. Tamén haberá un xantar no Hotel Mogay previa reserva e retirada de entradas a través da asociación Afachantada.

 

20 Setembro, 2019

Chantada

Chantada
Chantada, Lugo Spain
+ Google Map