Cargando Eventos

Días de portas abertas nas rutas dos Viños de Galicia

Protagonista: Ruta do Viño da Ribeira Sacra

As adegas Ponte da Boga, Adega vella, Vía Romana, Adegas Moure-Abadía da Cova, Amedo, Bodega Ribada, Rectoral de Amandi, Ronsel do Sil e Proencia estarán abertas dende o 30 de outubro deica o 1 de novembero participando na que xa é a novena edición das Rutas dos Viños de Galicia.

Adegas das 5 denominacións de orixe galegas participan neste evento impulsado dende a Axencia Galega de Turismo da Xunta de Galicia. Contan cun Bus do Viño que fará de transporte e guía para realizar visitas ás adegas, museos e outros lugares de interese. A actividade ten un custo de 5 euros para adultos e 2,5 para nenas e nenos. Non está incluído o xantar. As prazas son limitadas e por isto se recomenda facer reserva previa.

No caso da Ribeira Sacra o contacto está na sede do Consello Regulador en Monforte e Lemos, na rúa Comercio ou na  súa web www.rutadelvinoribeirasacra.org co e mail rutavino@ribeirasacra.org ou teléfonos 982 410 968 / 698 167 991

Para información xeral ou sobre as xornadas noutras zonas como Valdeorras, Ribeiro, Rías Baixas ou Monterrei www.turismo.gal

23 Outubro, 2020 - 1 Novembro, 2020

Sin localización