Cargando Eventos

Proxección do documental ‘Narote’

O Narote, nome familiar e veciñal co que se coñece a Antonio Nieves Ferreiro, é tamén o título do filme documental que o sábado 4 de maio se proxectará nas instalacións do Círculo Saviñao, en Escairon. O director chantadino David Vázquez, autor doutras obras como ‘Asolagados’ ou ‘O Moredo’ exhibe agora este relato dun veciño do Saviñao arredor das súas vivencias como un dos represaliados durante a Guerra Civil e a ditadura franquista. O protagonista é un supervivente que aínda hoxe, aos 106 anos de idade, ten memoria.

 

4 Maio, 2019

8:30 p.m. - 9:00 p.m.

O Saviñao

Emilia Pardo Bazán, 17
Escairón, O Saviñao, Lugo 27540 Spain
+ Google Map