Cargando Eventos

Dous días de Castañazo Rock

O festival de rock por excelencia do outono-inverno en Galicia volverá encher os días 2 e 3 de novembro o mercado gandeiro de Chantada. Variedade de estilos e variedade de propostas regresan á Ribeira Sacra nun nutrido cartel no que aparecen, ademais das ansiadas castañas, un total de trece formacións. Dende os míticos do rock duro español ‘Boikot’ deica os internacionais N.O.H.A. ou as bandas da terra ‘Dakidarría’ ou ‘Raiba’, entre outras como a banda feminina ‘La otra & Las locas del Co’. A asociación organizadora ven apuntando forte novamente cunha cita que alimenta ao público xeral con actividades abertas e de balde coma o Castañazo Infantil ou cantos de Tabern. Acampada nos pavillóns dos centros educativos e propostas únicas coma os xogos bravús e o imprescindible magosto fan atractivo o festival que nacía hai arredor de 25 anos co movemento bravú e que ten mudado cos tempos para traer á comarca a millerios de festivaleiros/as.

 

Máis información/ entradas: https://www.castanhazo.com

 

Cartel dos concertos do Castañazo Rock 2018

Presentación do Castañazo Rock 2018 na Casa da Cultura de Chantada | Foto: CRS

2 Novembro, 2018 - 3 Novembro, 2018

Chantada

Avenida os Pilos 9D
Chantada, Lugo 27500 Spain
+ Google Map