Cargando Eventos

Eirado das letras, animación para maiores

Protagonista: Concello de Sober

O Concello de Sober lanza este outono o programa de animación sociocultural ‘O Eirado das Letras’ dirixido a persoas maiores de 55 anos. A idea é continuar coa actividade do Club de Lectura Pintor de Castinande sumando novas actividades como a estimulación cognitiva, as relacionadas co mundo dixital, actividades lúdicas ou excursións, entre outras.
Trátase de crear un espazo de encontro, participación e intercambio de opinións e experiencias. A actividade comezará o martes 19 de outubro e terá lugar todos os martes ás 18:00 horas na Biblioteca Pública Municipal. O prazo para inscribirse está aberto desde hoxe e ata o 13 de outubro.

13 Outubro, 2021 - 31 Decembro, 2021

6:00 p.m. a 7:00 p.m.

Sober

Praza do Concello s/n
Sober, 27460
+ Google Map