Cargando Eventos

Cinema La Academia de las Musas e encontro con Guerín

Protagonista: Concello de Pantón

A longametraxe ‘La academia de las musas,’ do director barcelonés, proxectarase o venres 30 de agosto na Praza do Concello de Ferreira de Pantón. Despois da proxección terá lugar un encontro co director do filme e co investigador e cineasta José Manuel Mouriño.

José Luis Guerín leva case catro décadas dirixindo dende a súa estrea no ano oitenta e tres con ‘Los motivos de Berta’.

A proxección, a cargo do Cineclub Padre Feijóo en colaboración con La Plantación e patrocinada polo Concello de Pantón, comezará ás nove e media da tarde. A entrada é de balde.

30 Agosto, 2019

9:30 p.m.

Pantón

Ferreira, Lugo 27430 Spain
+ Google Map